Creatividade, deseño e comunicación

Creatividade, deseño e comunicación

Ola! Son Raquel (ou Rachel) e levo máis de 20 anos dedicándome ao eido da creatividade desde Santiago de Compostela. Achego solucións de deseño gráfico e comunicación a proxectos de identidade corporativa, publicacións, espazos expositivos, eventos ou campañas divulgativas e promocionais.

Pertenzo á DAG (Asociación Galega de Deseño), a GEN (grupo de traballo da READ que promove a perspectiva de xénero no deseño), ao colectivo creativo compostelán CaféDturno e, cando teño tempo, fago collage analóxico en Oníricas.

Proxectos diversos para un mundo en cambio

Mentres incorporo traballos recentes a esta páxina, podes coñecer algúns dos proxectos que desenvolvín visitando o perfil de IG de EKINOCIO, o meu estudio compartido durante 17 anos. Neste tempo crucei camiños con entidades públicas e privadas, coa administración, con pemes e autónomos de multitude de ámbitos… e xuntos demos forma a iniciativas de moi distinta natureza e públicos.

Se pensas que o meu perfil profesional encaixa no teu proxecto, contáctame e falamos polo miúdo.

©Raquel Boo | 2022 | Feito en wordpress